Minas Romanas


Caldesiños: “As Borreas / As Barreiras”

O xacemento localízase sobre unha terraza terciaria existente na marxe dereita da bacía del Camba e ocupa un gran espolón alargado en sentido N-S.

Trátase dunha explotación aurífera romana de carácter secundario sobre aluvións terciarios e consolidados (os estratos depositados mostran certa inclinación cara o Leste debido a unha elevación ocasionada pola tectónica de placas e consisten en gravas e cantos de diverso tamaño e arenas finas de cor vermello) na que os traballos extractivos provocaron no espolón un gran burato en forma de media lúa de dimensións aproximadas 800 metros de lonxitude, 300 metros de ancho e 25-70 metros de profundidade.

 

Active Image


O abastecemento hídrico necesario para os traballos (arranque, arrastre e lavado do mineral) procede do curso alto do río Bibei e dos seus afluentes, e o canal de captación, unha vez chegado á cabeceira da explotación, verte a auga en sete depósitos dende os cales estructurouse o beneficio aurífero principalmente a través das tecnoloxías mineiras coñecidas como ruina montium.

 

Quédanos constancia da existencia deste camiño real romano, pola pequena porción do mesmo que chegou ata os nosos días. Localízase nas inmediacións da aldea de Rubiais. Permítenos observar o trazado orixinal que puido ter, e seguramente construído como paso de comunicación ás minas romanas de Froxais e Quintela de Edroso (Os Caveancos/ A Lama de Médelas) por a súa proximidade ás mesmas.

 

Active Image

 

 

 

Active Image