Presentación
Presentacion PDF Print E-mail
Viana do Bolo posúe unha das comarcas máis ricas en natureza e etnografía da Galicia interior.

En terras de Viana a natureza eríxese en protagonista e imprégnao todo.
   
     
A vila de Viana, tipicamente medieval, érguese maxestuosa sobre o encoro do río Bibei.

A cultura e a vida destas terras fóronse cimentando arredor do torreón medieval, que na actualidade acolle o museo etnográfico
.
   
     
Soportais e vellas casonas blasonadas dan un encanto especial a nosa vila.    
     
O entroido das terras de Viana é o máis persoal,orixinal e artesanal dos que se celebran en Galicia.
O elemento clave é o Folión, que consiste nunha comitiva formada por bombos e aixadas que seguindo o mesmo son percorren as rúas enchéndoas de estrepitosa armonía.

A figura máis rechamante é o Boteiro, persoaxe con máscara de madeira que soporta unha pantalla de vistosas cores.

O día grande é o Domingo gordo no que se celebra unha festa gastronómica na que a androlla é a protagonista.
   




   
     
     
 
 
< Prev   Next >